16 abr 2011

MI VECINO TOTORO

O venres vimos na nosa clase, a de terceiro, a película "MI VECINO TOTORO" xunto cos nenos e nenas de cuarto curso, a quenes invitamos pois soupemos que estan traballando sobre Japón. Esta é unha película animada xaponesa dirixida por Hayao Miyazaki sobre un espírito do bosque ao que chaman Totoro. Foi realizada polos Estudos Ghibli, dos que Totoro é o seu logotipo.
Mei e Satsuki son dúas irmás que se mudan co seu pai a vivir a unha cabana no campo. Un día, por casualidade, a máis pequena descobre a existencia dos totoros: espíritos gardiáns do bosque que só os nenos de corazón puro son capaces de ver. Xunto a estas entrañables criaturas e ao gatobús, Mei e a súa irmá descubrirán o verdadeiro valor da amizade, do amor e da familia nunha marabillosa e inesquecible aventura que lles levará máis aló da súa imaxinación. Animamos a todos a vela. Aquí vos deixo un enlace con moita información.
PICA NA IMAXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario