O venres estivemos en Sargadelos, como vos comentamos, e vimos o espectáculo "Mano Viva: o boneco de cinco dedos que camiña" da compañía italiana Girovago & Rondella Family Theatre. Estas son as nosas opinións:
- O teatro do venres foi espectacular. Ojalá estuverades alí. (Carmela)
- Foi moi divertido, tiraron un petardo na mesa. (Celtia)
- Guau! Fixeron aros coas mans!. (Carolina)
- Gustoume cando lles caeu a farola encima. (Ana)
- A mín gustoume cando soplou lume. (Hugo)
- A mín o do lume e o petardo. (Izan)
- A mín cando caeu de cabeza na auga. (Sabela)
Ola rapazas e rapaces! fixéstedes uns debuxos ben bonitos do espectáculo MANO VIVA, nóraboa nótase que vos gustou moito, a min contáronmo e vin as fotos do blog.
ResponderEliminarBueno, vexo que traballades moito, así me gusta! Aínda non vos sentín vir pola biblioteca, tedes que dicirlle á vosa profe que vos traiga e así podedes levar un libriño para lerlles aos papás ou para ler vosoutros así practicar a lectura. Así que non tardedes vide por aquí que me gusta ter compañía!
Unha aperta de PUCA